Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

23:06:33 Xoves 22 de agosto 2019
Estás en:

Detalle trámite

Rexistro de unións civís

O procedemento de "rexistro de unións civís" regula a formalización e inscrición no rexistro municipal de unións non matrimoniais do Concello das Pontes de García Rodríguez, no que poderán inscribirse as unións non matrimoniais con independencia da orientación sexual, así como aquelas non definibles polo trato sexual e constituídas para a convivencia e o apoio mutuo.

Poderán instar a súa inscrición no rexistro todas aquelas unións de dúas ou máis persoas, incluso do mesmo sexo, que polo seu libre e pleno consentimento constitúan unha unión de convivencia non matrimonial.

Serán requisitos para que se poida levar a cabo a inscrición:

  1. Estar empadroado no municipio das Pontes de García Rodríguez. Para tal efecto, formulada a solicitude de inscrición, emitirase informe pola persoa encargada do servizo do padrón municipal.
  2. Ser maior de idade ou menor emancipado e non ter sido declarado incapacitado.

Poderase iniciar telemáticamente a través do botón "Iniciar trámite" e posteriormente comparecer de forma persoal e conxunta ante o funcionario encargado do rexistro (art. 3 do regulamento), ou comparecer directamente ante o funcionario encargado do rexistro.

  • Solicitude de rexistro de unión civil.
  • Fotocopia do DNI ou documentos acreditativos da emancipación.
  • Declaración responsable de non ter sido declarado incapacitado por sentencia xudicial firme.

Nome: Rexistro de unións civís.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Secretaría.

Carácter silencio administrativo: Negativo.

Prazo de execución: 2 meses.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.