Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

23:10:24 Xoves 22 de agosto 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de alta e modificacións padronais

O procedemento de "solicitude de alta e modificacións padronais" regula a inscrición dunha persoa no padrón municipal de habitantes, así como as sucesivas modificacións dos seus datos.

Calquera persoa física que desexe realizar unha alta ou modificación de datos no rexistro de habitantes do municipio.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito/s impreso normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de alta e modificacións padronais. Folla de instrucións.
  • Xustificante da propiedade/arrendamento do inmoble. Copia da escritura de propiedade / contrato de arrendamento do inmoble no que se solicita o empadroamento.
  • Documentación acreditativa do parentesco/representación. No caso de menores de idade, aportar copia do libro de familia para xustificar a relación de parentesco. En caso de separación, documentación acreditativa da custodia dos menores.
  • Autorización do empadroamento. No caso de querer formalizar o empadroamento na vivenda allea, o propietario da mesma, o ben o arrendatario, debe autorizar dito empadroamento.
  • No caso de menores, declaración responsable de proxenitor para inscrición ou cambio de domicilio de menores non emancipados no padrón municipal.

Nome: Solicitude de alta e modificacións padronais.

Unidade tramitadora:
Negociado de estatística.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:
Secretaría.

Prazo estimado de tramitación:
2 días hábiles.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                    Presencial.