Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

05:15:35 Luns 17 de maio 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria Ordinaria: pendente data convocatoria curso 2021-2022.

Convocatoria Extraordinaria: Consultar art. 8.2 da Ordenanza Reguladora.

  • SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA (01/03/2020 - 10/03/2020)
  • Formulario de Solicitude de reserva de praza en E.I.M. Barosa
  • Aceptación das bases do Regulamento.
  • Autorización para a consulta de datos en Facenda e Seguridade Social. No caso de non aceptar a consulta de datos, presentar a documentación xustificativa da situación económica dos/as proxenitores/as ou responsables legais.
  • De producirse variacións na situación socio-familiar deberán achegarse as xustificacións documentais pertinentes susceptibles de baremación.

 

  • SOLICITUDE DE NOVO INGRESO (20/03/2020 - 15/04/2020)
  • Formulario de Solicitude de novo ingreso na E.I.M. Barosa
    • Documentación acreditativa da situación familiar.
  • Libro de familia íntegro ou na súa falta outro documento que acredite oficialmente a situación familiar. Si hai fillos/as de anteriores matrimonios que convivan no domicilio, por ter asignado o pai ou a nai a garda e custodia, tamén se entregará estes libros de familia.
  • DNI do pai/nai/ou representante legal.
  • No caso de ser familia numerosa, libro de familia numerosa.
  • Sentenza de separación ou divorcio, de ser o caso.
  • No caso de acollemento do menor, documento que o xustifique.
  • No caso dalgunha deficiencia ou enfermidade alegada polos membros da unidade familiar, certificado expedido polo organismo competente.
  • No caso de nenos/as con algunha deficiencia física, psíquica ou sensorial, certificado expedido polo organismo competente.
  • No caso de nenos/as con necesidade específica de apoio educativo ou integración, informe do equipo Psicopedagógico Municipal.
  • No caso de vítimas de violencia de xénero, acreditarase por medio de calquera dos seguintes documentos: Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
    • Documentación acreditativa da situación socioeconómica e laboral da unidade
  • Sentencia/auto xudicial na que se fixe a contía de pensións alimenticias ou compensatorias.
  • Outros documentos nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuadas no baremo ou informe de servizos sociais sempre que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que vive a unidade familiar.
  • Se, durante o curso escolar, se produciran circunstancias sobrevidas que afectasen os recursos da unidade familiar, estas deberán acreditarse mediante a presentación da oportuna documentación xustificativa.
  • No caso de non aceptación para a consulta de datos en Facenda e Seguridade Social: Última nómina ou informe da vida laboral, o no seu caso, certificación acreditativa do INEM de estar en situación de desemprego con percepción ou non de prestacións de todos os membros da unidade familiar.
  • Última declaración da renda ou certificado negativo de imputacións. No caso de declaracións individuais, copia da declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.
  • Información fiscal de intereses e retencións, indicando saldo a 31 de dicembro do ano anterior de todos os membros da unidade familiar, así como certificado de fondos de inversión, letras do tesouro...

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, si así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.