Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

14:28:39 Xoves 26 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de autorización para a ocupación (temporal) da vía pública

O procedemento de "autorización para ocupación da vía pública" ten como obxecto regular as ocupacións temporais das vías públicas con contedores ou cubas, protección de obras, estadas e provisións de materiais con ocasión da realización de calquera obra ou traballo, así como para a realización de actividades como mudanzas, carga e descarga de materiais, descargas de combustible, carga e descarga de material relacionado con obras, vehículos con formigón, etc.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de autorización para ocupación da vía pública.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de licenza para a ocupación da vía pública.

Unidade tramitadora:
Policía Local.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Prazo estimado de tramitación:
10 días hábiles.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.