Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

11:40:54 Luns 2 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Declaración responsable Instalación de Atraccións de estrutura non permanente desmontable para Espectáculos Públicos ou Actividades Recreativas

O procedemento pretende xestionar as Declaracións responsables para Instalación de Atraccións de estrutura non permanente desmontable para a celebración de Espectáculos Públicos ou Actividades Recreativas.

  • Declaración Responsable debidamente cuberta.
  • 1 Fotografía tamaño carné actualizada.
  • Acreditación da personalidade da parte interesada (fotocopia de DNI/NIE no caso das persoas físicas e acta de constitución no caso das xurídicas) ou no seu caso, do seu representante e documento que acredite a representación.
  • Seguro de Responsabilidade Civil (copia de póliza e recibo) ou no seu caso certificado da entidade aseguradora.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade (Enténdese  por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións para desenvolver, con o contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e virán redactados e asinados por persoa técnica competente).
  • Xustificante de estar ao día no pago das cotizacións da Seguridade Social.
  • Para todos os postos, atraccións e instalacións que utilicen ou xeren enerxía eléctrica:
    • Certificado da Instalación Eléctrica, debidamente dilixenciado ante a Consellería de Industria (copia).
    • Declaración de conformidade CE ou documento acreditativo de marcado CE, no caso de máquinas compactas que non requiran Certificado de Instalación Eléctrica (copia).
    • Tarxeta da ITV, Permiso de Circulación e Seguro (copias), cando se trate de instalacións montadas sobre vehículos transformados.
  • En todas as atraccións tipo castelos inchables, e en xeral todas aquelas atraccións con entrada de público ao seu interior ademais da anterior esixirase a seguinte documentación:
    • Fotografía con suficiente resolución da atracción en montaxe completada.
    • Certificado de Revisión Anual, subscribido por persoa técnica competente (copia).
    • Certificado de Montaxe, emitido pola persoa técnica competente designada pola persoa titular da atracción.

Nome: Declaración responsable para Instalación de Atraccións de estrutura non permanente desmontable para Espectáculos Públicos ou Actividades Recreativas

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.