O procedemento de "solicitude de licenza para a talla de árbores" regula a concesión, por parte do Concello, de autorización para proceder á talla de árbores nunha determinada localización xeográfica e por un tempo determinado.
Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen solicitar licenza para a talla de árbores dentro do termo municipal.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Licenza para a talla de árbores.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.