Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

13:50:59 Mércores 13 de maio 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de Matrícula no Conservatorio Profesional de Música

Non hai convocatorias abertas actualmente

O procedemento pretende xestionar as matrículas no Conservatorio Profesional de Música das Pontes e as diferentes probas de acceso.

  • Xestionar as matrículas para as probas de acceso ao 1º curso do grao profesional.
    Do 25 de maio ao 5 de xuño.
  • Xestionar as matrículas para as probas de accesos a outros cursos diferentes do 1º de grao profesional: Estas matrículas inclúen as probas de acceso ao 1º curso de Grao Elemental (so idades entre os 8 e os 14 anos, nacidos nos anos 2012 a 2018) e as de outros cursos distintos ao primeiro.
  • Xestionar a matrícula xeral para o curso 2026-2027 no Conservatorio Profesional de Música das Pontes.Do 18 ao 25 de xuño.
  • Xestionar a inscrición nos cursos de Pequeconser e Estimulación Musical Temperá do Conservatorio de Música das Pontes. Do 11 ao 25 de xuño.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir o rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

1.Matrícula en probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Música das Pontes.

Período de inscrición:
Do 25 de maio ao 5 de xuño os de 1º de grao profesional.
Do 25 de maio ao 10 de xuño o resto dos accesos.

Documentación
Formulario de inscripción en pruebas de acceso.

 

2.Matrícula Xeral curso 2026-2027 no Conservatorio Profesional de Música das Pontes.

Para alumnos e alumnas que xa estivesen matriculados este curso ou os que superasen as probas de acceso correspondentes.

Período de inscrición:
Do 18 ao 25 de xuño.

Documentación:
Formulario de matrícula no Conservatorio.
Formulario de autorización de difusión de imaxe

 

3.Inscrición en PEQUECONSER e Estimulación Temperá (de 0 a 7 anos, nados entre o 2026 e 2023 EMT, entre 2022 e 2019 Pequeconser)

Período de inscrición:
Do 11 ao 25 de xuño.

Documentación:
Formulario de inscrición en Preparatorio e EMT
Formulario de autorización de difusión de imaxe

Nome: Solicitude de matrícula no Conservatorio Profesional de Música.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                      Presencial.