Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

11:51:37 Venres 7 de agosto 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición nas Escolas Municipais Culturais As Pontes

Non hai convocatorias abertas actualmente

O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición na Escola Municipal de As Pontes nas distintas modalidades.

Periodo de inscrición:

  • Solicitude de renovación de praza: do 7 ao 15 de setembro. Para alumnos matriculados no curso 2024-25. Todos os alumnos se matricularán no mesmo grupo do pasado curso.
  • Novos alumnos: do 22 ao 29 de setembro.

Adxudicación de prazas:

  • DIRECTA: no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
  • SORTEO: no caso de que o número de solicitudes supere as prazas dispoñibles.

No caso de ser necesario realizar un sorteo, o 21 de setembro publicarase no taboleiro de anuncios do Departamento de Cultura a relación de prazas vacantes, así como a data, hora e lugar de celebración do sorteo.

Inicio das clases:
Data prevista de inicio: semana do 5 de outubro.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao Departamento de Cultura, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Periodo de inscrición:

  • Solicitude de renovación de praza: do 7 ao 15 de setembro. Para alumnos matriculados no curso 2025-26.
  • Novos alumnos: do 22 ao 29 de setembro.

Nome: Solicitude de inscrición nas Escolas Municipais Culturais As Pontes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas Escolas municipais culturais:

  • Primeira matrícula por unidade familiar 40,00 euros.
  • Segunda matrícula por unidade familiar na mesma escola 30,00 euros.
  • Terceira matrícula por unidade familiar na mesma escola 20,00 euros.
  • Cuarta matrícula e sucesivas gratis.

Sobre estas tarifas se establece unha reducción do 50 por cento no caso de familia numerosa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.