Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

23:39:49 Martes 24 de febreiro 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición nos campamentos urbanos de Semana Santa 2026

Non hai convocatorias abertas actualmente

O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición ao “Campamento Urbano de Semana Santa 2026”, para a realización de actividades lúdico-educativas dirixidas ás crianzas do Concello das Pontes, durante os períodos de vacacións que permitan ás familias a conciliación e a súa promoción social e laboral.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar. 

Prazo de solicitude dende o 25 de febreiro as 8:30h ao 18 de marzo as 13:30h.

  • Solicitude de inscrición.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar (só no caso de non autorizar na solicitude)
  • Fotocopia do DNI da/s persoa/s solicitante/s e menores, en caso de ser o primeiro ano de inscrición.
  • Fotocopia do Libro de Familia (só no caso de ser o primeiro ano de inscrición).
  • Declaración da Renda do 2024 ou xustificante de non ter a obriga de facela. (En caso de non tela entregada na convocatoria de Nadal 2025-2026).
  • Certificados de empresa conforme se está traballando e non en período de vacacións. Dito documento deberá especificar que nas datas que solicita o campamento non ten programadas as vacacións (De non vir especificado  será excluída a solicitude da baremación). Para as persoas que traballen por conta propia, entregarase fotocopia do último recibo de autónomos.
  • Certificado de familia monomarental/monoparental, de ser o caso.
  • Resolución do Programa de Atención (PIA) onde se recoñeza a libranza para coidados no contorno familiar por coidador non profesional, para situacións de dependencia.
  • Documentación acreditativa de asistir a formación ou situación similar.
  • Calquera outra documentación que se requira para xustificar as diferentes situacións baremables no apartado 4 de criterios de valoración das bases aprobadas para regular a actividade.
  • Para menores con Necesidades Educativas Especiais informes dos/as profesionais de referencia sobre as necesidades que presentan.

MOTIVOS DE BAIXA DA ACTIVIDADE.

Causarase baixa automática no servizo,  por calquera das circunstancias seguintes:

  • Por solicitude propia.
  • Por comprobación de falsidade na documentación ou datos achegados.
  • Por compatibilizar o campamento con outra actividade externa,  no mesmo horario. A praza concedida neste campamento non é compatible con campamentos ou campus  organizados por outras entidades, para o mesmo período.
  • Por falta de asistencia continuada durante máis de tres días sen causa xustificada.
  • Por incumprimento reiterado das normas por parte do/a menor e da familia.

As baixas producidas por calquera dos motivos expostos cubriranse coas solicitudes da lista de agarda.

A baixa na actividade non dará lugar á devolución da cota de inscrición ou no seu defecto da parte proporcional correspondente.

COTA DE INSCRICIÓN. Establécese a seguinte cota de inscrición: 10 € por inscrición.

Nome: Solicitude de inscrición nos campamentos urbanos de Semana Santa 2026.

Unidade tramitadora: Cultura.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/impostos: Consultar as bases no apartado da normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
                                    Presencial.