Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

10:10:34 Luns 2 de xuño 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición nos campamentos urbanos de verán 2025

O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición nos Campamentos Urbanos de verán.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar. 

Prazo de solicitud e de 12 de maio ao 4 de xuño de 2025.

  • Solicitude de inscrición.
  • Acreditación da identidade e parentesco. Copia dos seguintes documentos:
    • Certificado de empadroamento da unidade familiar (só no caso de non autorizar a consulta na solicitude).
    • Fotocopia do DNI da/s persoa/s solicitante/s e menores, en caso de ser o primeiro ano de inscrición.
    • Fotocopia do Libro de Familia (só no caso de ser o primeiro ano de inscrición).
    • Declaración da Renda do 2023 ou xustificante de non ter a obriga de facela. (En caso de non tela entregado nas convocatorias de Nadal 2024_2025 ou Semana Santa 2025).
    • Certificados de empresa conforme se está traballando e non en período de vacacións. Dito documento deberá especificar que nas datas que solicita o campamento non ten programadas as vacacións (De non vir especificado será excluída a solicitude da baremación).
    • Para as persoas que traballen por conta propia, entregarase fotocopia do último recibo de autónomos.
    • Certificado de familia monomarental/monoparental, de ser o caso.
    • Resolución do Programa de Atención (PIA) onde se recoñeza a libranza para coidados no contorno familiar por coidador non profesional, para situacións de dependencia.
    • Documentación acreditativa de asistir a formación ou situación similar
    • Calquera outra documentación que se requira para xustificar as diferentes situacións baremables no apartado 5 de criterios de valoración.
    • Para menores con Necesidades Educativas Especiais informe dos/as profesionais de referencia sobre as necesidades que presentan.

Nome: Solicitude de inscrición nos campamentos urbanos de verán 2025.

Unidade tramitadora: Cultura.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/impostos: Consultar as bases no apartado da normativa.

Canales de atención: Telemático (Iniciar trámite).
                                    Presencial.