O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición na Cabalgata de Entroido que se celebrará o martes 4 de marzo de 2025 do Concello das Pontes.
O prazo de inscrición comeza o mércores 12 de febreiro e remata o luns 3 de marzo de 2025 ás 12:00h.
Categorías:
PERSOAS ADULTAS: parellas/tríos e individual. A/os participantes nesta categoría deberán ser maiores de 14 anos.
INFANTIL: meniña/os, individual e parellas/tríos.
A idade máxima para participar na categoría infantil será de 14 anos.
A idade máxima para participar na categoría meniña/os será de 6 anos.
GRUPOS: Distinguirase dous tipos de grupos por número de participantes.
- Grupos de 4 a 10 compoñentes.
- Grupos de máis de 10 compoñentes.
CENTROS EDUCATIVOS: Para participar nesta modalidade será obrigatorio un mínimo de 10 compoñentes, sendo a maior parte deles integrantes do centro educativo ao que representan.
CARROZAS: Entenderase por carrozas estruturas de grandes dimensións sobre rodas, autopropulsada ou remolcada, confeccionada para a participación no Entroido e convenientemente deseñada e decorada.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe participar na Cabalgata de Entroido do Concello das Pontes.
As persoas inscritas na cabalgata só poderán participar nunha categoría (ningún participante poderá inscribirse nin participar en máis dunha categoría).
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través da sede electrónica do Concello ou no Rexistro Xeral do Concello nos seguintes prazos:
Sede electrónica: dende o mércores 12 de febreiro e remata o luns 3 de marzo de 2025 ás 12:00h.
Rexistro Xeral: de lúns a venres no horario de 8.30 a 14.00 h. (Previa cita nos teléfonos 667129380/667129389).
Nome: Solicitude de inscrición na Cabalgata de Entroido 2025.
Unidade tramitadora: Cultura.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.