SOLICITUDE DE NOVO INGRESO (01/04/2026 - 15/04/2026)
Documentación acreditativa da situación familiar:
- Libro de familia íntegro ou no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar. Se hai fillos/as de anteriores matrimonios que convivan no domicilio, por ter asignado o pai/nai a garda e custodia, tamén se entregarán estes libros de familia.
- DNI do pai/nai ou representante legal.
- En caso de ser familia numerosa, libro de familia numerosa.
- Sentenza de separación ou divorcio, de ser o caso.
- No caso de acollemento do menor, documento que o xustifique.
- No caso de algunha discapacidade ou enfermidade alegada polos membros da unidade familiar, certificado expedido polo organismo competente.
- No caso de nenos/as con algunha discapacidade fisica, psíquica ou sensorial, certificado expedido polo organismo competente.
- No caso de nenos/as con necesidade específica de apoio educativo ou integración, informe do equipo Psicopedagóxico Municipal.
- No caso de vítimas de violencia de xénero, acreditaranse por medio de calquera dos seguintes documentos:
- Certificado ou informe dos servizos sociais ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
Documentación acreditativa da situación socioeconómica e laboral da unidade familiar:
- Declaración Responsable de Ingresos da unidade familiar.
- Sentenza/auto xudicial na que se fixe a contía de pensións alimenticias ou compensatorias.
- Outros documentos nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuadas no baremo ou informe de servizos sociais sempre que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que vive a unidade familiar.
- Sí, durante o curso escolar, se produciran circunstancias sobrevidas que afectasen aos recursos da unidade familiar, estas deberán acreditarse mediante a presentación da oportuna documentación xustificativa.
No caso de non aceptación para a consulta de datos en Facenda:
- Ultima nómina ou informe da vida laboral, ou no seu caso, certificación acreditativa do INEM de estar en situación de desemprego con percepción ou non de prestacións de todos os membros da unidade familiar.
- Ultima declaración da renda ou certificado negativo de imputacións. En caso de declaracións individuais, copia da declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.
- Información fiscal de intereses e retencións, indicando saldo a 31 de Decembro do ano anterior de tódolos membros da unidade familiar, así como certificado de fondos de inversión, letras do tesouro.
Requisitos dos solicitantes:
- Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso da escola infantil.
- Non ter cumpridos o tres anos de idade 0 31 de Decembro do ano que se solicita a praza, agás situacións especiais que estimará a comisión de baremación.
- Estar nado no momento da presentación da solicitude.
- Estar empadroada, durante o tempo de asistencia á escola toda a unidade familiar no Concello de As Pontes de García Rodríguez e cunha antigüidade no padrón municipal de tres meses á solicitude de matrícula. No caso de producirse por parte dalgún membro da unidade familiar a baixa no padrón municipal, tería que ser comunicada e xustificada documentalmente, e de non ser así perderá a praza na escola infantil. (Poderán realizarse de oficio revisións no padrón municipal).
- Atoparse ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación de solicitude.