Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

17:21:54 Xoves 26 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Declaración responsable para a montaxe de postos de venda, casetas de feira, postos de comida e Foodtrucks, quioscos ou pequenas carpas

O procedemento pretende xestionar as Declaracións responsables para a montaxe de postos de venda, casetas de feira, postos de comida e Foodtrucks, quioscos ou pequenas carpas.

  • Declaración Responsable debidamente cuberto.
  • Póliza de seguro en vigor xunto co recibo de pago actualizado na contía que corresponda á actividade solicitada, ou no seu caso certificado da entidade aseguradora.
  • Acreditación da personalidade da parte interesada (fotocopia de DNI/NIE no caso das persoas físicas e acta de constitución no caso das xurídicas) ou no seu caso, do seu representante e documento que acredite a representación.
  • Tarxeta da ITV, Permiso de Circulación e Seguro (copias), cando se trate de instalacións montadas sobre vehículos transformados.
  • Certificado emitido por técnico competente que asegure a seguridade e garantías de estabilidade de ínstaa  lación que se especifique, coas súas características concretas, no lugar asignado e nas datas da autorización.
  • Contrato de mantemento de equipos de extinción de incendios (R.D. 1942/1993).
  • Acreditación de manipulador de alimentos (no caso de venda de alimentos).
  • NO CASO DE EXISTIR INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS:
    • Boletín de instalador eléctrico autorizado seguindo a metodoloxía da norma UNE HD60364-G:20172017.

Nome: Declaración responsable para a montaxe de postos de venda, casetas de feira, postos de comida e Foodtrucks, quioscos ou pequenas carpas.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.