Sede electrónica Concello das Pontes de García Rodríguez

12:44:51 Xoves 26 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida

O procedemento "Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitar a tarxeta de accesibilidade para o transporte público e a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso e goce dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas coa mesma.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de tarxetas de accesibilidade e estacionamento para persoas con mobilidade reducida.
  • Certificado de discapacidade. Certificado emitido polos equipos de valoración (EVO) da Xunta de Galicia, ou polos doutras comunidades autónomas, indicando o grao de discapacidade.
  • Unha fotografía tamaño carné.
  • DNI, CIF do interesado (si a solicitude e telemática en representación).
  • Xustificante Abono da taxa por expedición de documentos administrativos. (Pode acudir as oficinas de Recadación do Concello sitas na Avda de Castelao, 36 Por transferencia bancaria ao no de conta ES1920800230693110000012)

Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Unidade tramitadora:
Policía Local.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física

Prazo estimado de tramitación: 10 días hábiles.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.